gallery/el7plazas
Twitter
Facebook

QUeN SOn



Chámome Jesús, e ademáis de taxista, fun profesor de formación vial, técnico especialista en mecánica e electricidade do automóbil, e teño todos os permisos de conducir en vigor. Moitos anos de experiencia ao volante.


Poño ao seu dispor, un vehículo novo de alta gama, para unha viaxe coa máxima garantía de seguridade, confort e satisfacción. Trátase do novo Mercedes clase V de 7 prazas, co último en prestacións, entre elas, distintos tipos de airbags, asistente por vento lateral, sistema de alerta por fatiga, aire acondicionado que axusta a temperatura ao habitáculo, aillamento acústico, cristais tintados, e un longo etcétera.


Ofrezo un amplo abano de servizos, tanto urbanos, como interurbanos ou de longo percorrido, sempre buscando a ruta máis rápida e curta, grazas o GPS integrado; servizos para vodas e todo tipo de grandes eventos, viaxes de negocios, familiares, excursións, todo coa máxima profesionalidade e adaptando o servizo ás esixencias de cada cliente; mensaxería e paquetería en man con total seguridade e confianza; os animais son benvidos en El7Plazas, non terá que renunciar a súa mascota; tamén dispoño de sillas para nenos e bebés, e espazo para grandes cantidades de equipaxe ou de grandes dimensións e bicicletas; apoio para roteiros sendeiristas, para levar ata o punto de saída e recoller no punto final, tamén para os peregrinos do camiño de Santiago.


O máis cómodo é reservar a súa viaxe por calquera das vías de contacto: teléfono, Whatsapp, e-mail, formulario na web, redes sociais. Terá o seu taxi na porta, na data e hora sinalada. E se necesita un servizo regular, ou está interesado nun percorrido turístico por Santiago de Compostela ou o resto de Galicia, póñase en contacto, ofrezo unha serie de rutas programadas. Acepto pago en efectivo, con tarxeta e tamén con PayPal.